xoves, 15 de xaneiro de 2015

PROXECTO SOBRE OS CASTELOS

Ola familias!!!!

Xa estamos aquí outra vez.....e voltamos con novidades na nosa aula. Por arte de encantamento, a nosa biblioteca vai cambiando. Apareceu un castelo custodiado por un dragón....pero iso non é todo...xa que as clases e o corredor tambén cambiaron de apariencia....e comezanse a parecer moito a un castelo!!!!


Por iso saiu o tema na Asemblea e puxémonos a pensar en que é o que sabemos sobre os castelos....que xa son moitas cousas.....pero tamén xurdiron moitos interrogantes que queremos resolver.


Por iso precisamos da vosa axuda, aportando material e libros sobre os castelos ou calquera información que poida ser útil e interesante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario