luns, 27 de outubro de 2014
venres, 24 de outubro de 2014
DULCERO EN FORMA DE MORCEGO
Esta semana visitounos Vanesa, a mamá de Aitor, para facer con nós unha manualidade de samaín. Tratase dun dulcero en forma de morcego. Mostrounos o resultado, e fomos seguindo as instruccións que nos daba para que quedase igual de chulo que o que nos ensinou.
Ademais, cando xa o tiñamos listo, regalounos unhas chuches para meter dentro.
Pasámolo xenial!!!!
GRACIAS VANESA!!!
GRACIAS VANESA!!!
Aquí vos deixo un video onde mostra como se fai.
luns, 20 de outubro de 2014
luns, 13 de outubro de 2014
venres, 10 de outubro de 2014
O OUTONO EN CASTIÑEIRAS
Chegou o cambio de estación, e aprobeitando o bo tempo, decidimos disfrutar do outono nun lugar diferente ao cole. Por iso fomos ata Castiñeiras, onde disfrutamos dunha merenda diferente, nun entorno espectacular. E despois da merenda, un pouco de xogo e diversión, buscando castañas, follas diferentes, ourizos, piñas....e rematamos cunha canción do outono, con chuvia de follas incluida.
Mirade que ben o pasamos!!!
luns, 6 de outubro de 2014
VOTAMOS O NOME DA CLASE
Este curso cambiamos de clase e tamén o seu nome. Custounos un pouco decidirnos....pero, pouco a pouco, fomos dando suxerencias e facendo votacións.
Nunha primeira asamblea sobre o tema, sairon as seguintes propostas:
- CLASE DOS INSTRUMENTOS II-------------------------2
- CLASE DOS ANIMAIS II I I I I I I I-------------9
- CLASE DAS COUSAS BRILLANTES II I I I--------------------5
- CLASE SUPER PATINAXE I--------------------------1
- CLASE DAS CARACOLAS II-------------------------2
Despóis da votación estaba claro que a maioría lle gustaban os animais....pero era un nome moi amplo....e xa había outras clases do cole que tiñan de nome un animal máis concreto, os peixes e as xoaniñas. Así que decidimos dar ideas sobre que animal en concreto queriámos que fose o da nosa aula. Entre os moitos animáis que sairon, o gañador, despois de moitas votacións, foi o tigre.
E así foi como decidimos que este curso somos a aula dos tigres e as tigresas.
mércores, 1 de outubro de 2014
BENVID@S
Ola familias!!!!
Xa estamos aquí un curso máis. A partir de agora este será o noso espazo para compartir con todos e todas as nosas experiencias durante o curso. Esperamos que vos guste.
Saúdos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)