luns, 6 de outubro de 2014

VOTAMOS O NOME DA CLASE

Este curso cambiamos de clase e tamén o seu nome. Custounos un pouco decidirnos....pero, pouco a pouco, fomos dando suxerencias e facendo votacións.

Nunha primeira asamblea sobre o tema, sairon as seguintes propostas:


  • CLASE DOS INSTRUMENTOS                   II-------------------------2
  • CLASE DOS ANIMAIS                                 II I I I I I I I-------------9
  • CLASE DAS COUSAS BRILLANTES         II I I I--------------------5
  • CLASE SUPER PATINAXE                          I--------------------------1
  • CLASE DAS CARACOLAS                          II-------------------------2


Despóis da votación estaba claro que a maioría lle gustaban os animais....pero era un nome moi amplo....e xa había outras clases do cole que tiñan de nome un animal máis concreto, os peixes e as xoaniñas. Así que decidimos dar ideas sobre que animal en concreto queriámos que fose o da nosa aula. Entre os moitos animáis que sairon, o gañador, despois de moitas votacións, foi o tigre.

E así foi como decidimos que este curso somos a aula dos tigres e as tigresas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario