sábado, 13 de decembro de 2014

VOTAR NO ENVASARTE

Para votar, pincha na imaxe



xoves, 11 de decembro de 2014

mércores, 10 de decembro de 2014

luns, 1 de decembro de 2014

CALENDARIO NAVIDEÑO

Como está moi preto o Nadal e xa estamos moi emocionados e emocionadas....non nos da pasado o tempo.....canto falta....canto falta....con este calendario imos abrindo caixas con sorpresas cada día que pasa....e falta menos para que chegue o ansiado día de Nadal. 

Así foi o proceso de creación:


Grazas Vanesa e María, pola vosa proposta e disposición para agasallarnos co voso tempo e facernos disfrutar.

domingo, 23 de novembro de 2014

Bingo de outono

A semana pasada para traballar o vocabulario do outono fixemos un bingo na clase, déixovos 
a proba dos cartóns gañadores.

luns, 27 de outubro de 2014

CREAMOS MONSTRUOS






MEMORY DE SAMAÍN


XOGO: RECOLLE CABAZAS


FACEMOS CABAZAS: XOGOS

Pincha nas imaxes





RECURSOS VARIADOS PARA O SAMAÍN

LIBRO LIM (pincha na imaxe)

UN SYMBALOO (onde podemos atopar moitos recursos)
Pincha na imaxe


venres, 24 de outubro de 2014

DULCERO EN FORMA DE MORCEGO

Esta semana visitounos Vanesa, a mamá de Aitor, para facer con nós unha manualidade de samaín. Tratase dun dulcero en forma de morcego. Mostrounos o resultado, e fomos seguindo as instruccións que nos daba para que quedase igual de chulo que o que nos ensinou.

Ademais, cando xa o tiñamos listo, regalounos unhas chuches para meter dentro.

Pasámolo xenial!!!!



GRACIAS VANESA!!!

Aquí vos deixo un video onde mostra como se fai.

luns, 20 de outubro de 2014

luns, 13 de outubro de 2014

venres, 10 de outubro de 2014

O OUTONO EN CASTIÑEIRAS

Chegou o cambio de estación, e aprobeitando o bo tempo, decidimos disfrutar do outono nun lugar diferente ao cole. Por iso fomos ata Castiñeiras, onde disfrutamos dunha merenda diferente, nun entorno espectacular. E despois da merenda, un pouco de xogo e diversión, buscando castañas, follas diferentes, ourizos, piñas....e rematamos cunha canción do outono, con chuvia de follas incluida.

Mirade que ben o pasamos!!!





E xa de volta na escola, contamos castañas, separándoas por tamaños. Escollemos as que estaban boas, e repartimos dúas para cada un.

E o luns fixemos un debuxo do que máis nos gustara e un traballo de contar castañas e logo plasmalo no papel.




luns, 6 de outubro de 2014

VOTAMOS O NOME DA CLASE

Este curso cambiamos de clase e tamén o seu nome. Custounos un pouco decidirnos....pero, pouco a pouco, fomos dando suxerencias e facendo votacións.

Nunha primeira asamblea sobre o tema, sairon as seguintes propostas:


  • CLASE DOS INSTRUMENTOS                   II-------------------------2
  • CLASE DOS ANIMAIS                                 II I I I I I I I-------------9
  • CLASE DAS COUSAS BRILLANTES         II I I I--------------------5
  • CLASE SUPER PATINAXE                          I--------------------------1
  • CLASE DAS CARACOLAS                          II-------------------------2


Despóis da votación estaba claro que a maioría lle gustaban os animais....pero era un nome moi amplo....e xa había outras clases do cole que tiñan de nome un animal máis concreto, os peixes e as xoaniñas. Así que decidimos dar ideas sobre que animal en concreto queriámos que fose o da nosa aula. Entre os moitos animáis que sairon, o gañador, despois de moitas votacións, foi o tigre.

E así foi como decidimos que este curso somos a aula dos tigres e as tigresas.


mércores, 1 de outubro de 2014

BENVID@S

Ola familias!!!!
Xa estamos aquí un curso máis. A partir de agora este será o noso espazo para compartir con todos e todas as nosas experiencias durante o curso. Esperamos que vos guste.

Saúdos.